5 nov 2012

Resumo blogueiro: outubro 2012

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia 
  • Outras canles ISFeras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes  

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


    Neste mes de outubro que rematou se fala moito no blogue do proceso do Plan Estratéxico de ESF Galicia,
lembrando o primeiro que se fixera (2007-2012), pero tamén coas actividades para pechar o segundo (
2013-2017), como o Obradoiro Peche Planificación Estratéxica  coa súa crónica ou as definicións, misión e valores do novo Plan. Tamén se fala sobre cidades modelo en Honduras e se informa da actividade da Xunta Directiva en verán. Tamén se da conta da iniciativa realizada antes das eleccións galegas preguntando vía twitter aos partidos políticos sobre 4 temas que nos preocupan. Houbo tempo ademais para organizar en Ourense unha xornada de alternativas fronte á crise e de difundir as II Xornadas de Soberanía Alimentaria que se celebrarán os vindeiros días 23, 24 e 25 de Novembro en Lugo.



BLOGUE HONDURAS


    No blogue de Honduras outubro foi un mes intenso, onde se pode ver a crónica con vídeos do Foro Municipal onde se presentou o Plan de Xestión Integral dos Recursos Hídricos en San Francisco de Coray (unha das municipalidades onde traballamos, neste caso con Save The Children Honduras), onde ademais se entrevistou aos presidentes das xuntas de augas de dúas das comunidades onde se traballa. Daniel e Daniela, PCR que remataron neste mes a súa estancia no país, tiveron tempo para despedirse. CODDEFFAGOLF, outro dos nosos socios locais, publicou un duro comunicado sobre actividades dalgunha das empresas de camaronicultura da zona do Golfo de Fonseca. Ademais, puidemos aprender sobre fenda de xénero coas persoas participantes nos obradoiros deste tema nos que tivemos de "infiltrada" a María, a PCR que voltou a Galicia xa a primeiros de novembro.



OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Blogue da Materia de Libre Elección da Universidade de A Coruña de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTRAS CANLES ISFERAS





ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado





PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Este mes:

  • CD con material de difusión e curtametraxes elaborados pola Asociación de Educación e Comunicación La Cuculmeca (que tamén podedes por fin desfrutar na súa web).

Aquí podes ver moitas das publicacións disponibles xa catalogadas





E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

O que fai falla é máis xente que se especialice no imposible.
Theodore Roethke

No hay comentarios: