28 ago 2009

Formación PCR Nicaragua

Este sábado 29 de Agosto terá lugar a formación PCR Nicaragua. Todos os que queirades coñecer un pouco máis sobre ESF e os seus proxectos en Nicaragua estades convidados a vir.

Convocatoria:

Día: Sábado, 29 de Agosto de 2009

Hora: 10:00

Lugar: Local da Coordinadora de ONGDs, Rúa dos Basquiños 33, 1ºA (Santiago de Compostela)

Horario:

Formación xeral

10.00 - Modelos de desenvolvemento. Que é Enxeñería sen Fronteiras. Interculturalidade. Por Xacobe Fernández

12.00 - Saúde e Seguridade, por Sergio Fernández

13:00 - Compromiso PCR por Sergio Fernández

Formación específica

16:00 - Proxectos de ESF en Nicaragua por Sabela Dávila

24 ago 2009

FORMACIÓN EN CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN

Hai xa uns meses Xosé Ramil, que leva o tema de comunicación en ISF ApD, estivo por Galicia contándonos cousiñas sobre campañas de sensibilización, nunha formación interna que foi moi interesante (conseguímonos xuntar unhas 15 persoas das distintas sés de ESF Galicia). No seu blog podedes ver a presentación.

Aquí van algunhas pinceladas que me chamaron a atención do que comentou:

"É importante planificar anualmente as campañas, que además deberían buscar algún tipo de cambio".
"As campañas xogan coa implicación da xente, hai que emocionar".
"É importante ter un público obxectivo ben definido, senon non funciona".
"A nosa organización pode ser un medio de comunicación".
"É importante construir un documento onde se recopilen as mensaxes a transmitir nos distintos temas, xa que de ahí pódense obter datos para presentacións, ideas de campañas e referencias para o posicionamento e estratexias de acción da asociación".
"Hai que buscar o lado positivo e constructivo nas campañas, e se pode ser a partir dos proxectos propios, nos que temos información de primeira man, mellor".
"En accións de rúa é importante OCUPAR ESPAZOS"
(e eu engado, isto é importante a tódolos niveis, e para ocupalos o traballo en rede e con outras organizacións é importantísimo).



22 ago 2009

G8: REPARTÍNDOSE O PASTEL

Hai unhas semanas anunciabamos uns actos de rúa na praza do Toural de Santiago de Compostela, promovidos pola Rede Anticapitalista con motivo da reunión do G8. Pois ben, certos reporteiros ESFeiros estiveron por alí, e tamén alguna que outra actriz... Entregáronse manifestos aos transeuntes e se fixo unha representación satírica imitando aos distintos mandatarios do G8, que facían declaracións a unha dicharachera reporteira, e logo "repartíronse o pastel do mundo", chamando a atención mesmo a moitos dos turistas extranxeiros que por alí pasaban (e que recoñecían ao gobernante do seu país). Como criada, que servía o champán para os brindis, estaba África, á que por suposto non permitiron quedar nin cun anaquiño do pastel.

Partindo o pastel

Alegría e alboroto tras o reparto do mundo

O pastel repartido

Lendo o manifesto que tamén se repartiu aos que por alí pasaban

20 ago 2009

GRUPO DE ECONOMÍAS ALTERNATIVAS

El grupo de Economías Alternativas (EEAA) de ESF Galicia esta en proceso de formación interna en diversos temas, como políticas de la UE, o actos de calle con motivo de la reunión del G8, o la implantación de la banca ética FIARE en Galicia (para lo cual ya ha habido una formación interna impartida por Natalia Fernández en Santiago en el mes de Junio, a la que asistieron 12 personas, y de la que en breve contaremos más cosas).

Aprovechando el parón veraniego, continuamos la formación con un artículo sobre Fondos Buitre, que hace reflexionar sobre lo que se llega a hacer por ganar pasta... Lo peor es que alguno de nuestros bancos puede estar lucrándose a costa de esto, y nosotros ni nos enteraríamos.
Esperamos ir colgando alguna información sobre FIARE próximamente.

Actualización 23-12-2009. Se acordó en la reunión del grupo del día 22-12-2009 el cambio de nombre del grupo por GRUPO DE ECONOMÍA RESPONSABLE, por ser más adecuado a los objetivos del grupo (hay economías alternativas que pueden no ser responsables..., y además se decidió poner en singular ya que se toma la economía como concepto único).

10 ago 2009

RESUMO BLOGUEIRO, XULLO

BLOG CORPORATIVO

No mes de Xullopódense ver as diversas actividades que se organizaron dende a Rede Anticapitalista (da que ESF forma parte), contra o Golpe de Estado en Honduras, en apoio do sector leiteiro galego e con motivo da reunión do G8. Ademais vese ao noso GAT (Grupo de Administración e Tesorería) superactivo, cun par de reunións coa xente de tódalas sedes, e mesmo unha entrada filosófica sobre ESF para rematar o mes que seguro que vos gustará.


BLOG NICARAGUA

- Este mes, cunha referencia ao obradoiro de Plans de Manexo de Finca que se fixo en Santiago (e do que podedes descargar a presentación).


BLOG HONDURAS


- proxectos en Honduras. Continuou a información sobre o Golpe de Estado con interesantes resúmenes e unha reseña sobre o feito de terse presentado por primeira vez á convocatoria de Programas da Xunta de Galicia.


OUTROS BLOGS EN ACTIVO DE ESF GALICIA

- Enerxías, que este mes estiveron máis parados, pero que seguen organizando a campaña Apaga o Candil e iniciando un Proxecto Fin de Carreira no Sahara...
- proxectos de El Salvador , co final dos proxectos de ESF Galicia nese país xa vai usándose menos (aínda que próximamente haberá algunha sorpresa).
- Asignatura de Cooperación da UDC, con comentarios sobre as clases e material que empregan nelas. Se buscades referencias bibliográficas, películas, etc. este é o voso lugar. Nestes meses o grupo está nunhas ben merecidas vacacions.


OUTROS BLOGS ISFEROS


- proxectos en Sahara. Iniciado por ESF Galicia, pero que agora xa é patrimonio de todo ISF, sendo "alimentado" por voluntarios de Galicia, Aragón, Asturias, Castilla-León, etc.
- ISF Telecos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Telecomunicaciones de Madrid.
- ISF Aero, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería Aeronáunica de Madrid.
- ISF Caminos, de ISF ApD. Blog do grupo universitario da Escuela de Ingeniería de Caminos de Madrid.
- Grupo universitario de Ciudad Real, de ISF ApD. Blog do grupo universitario de Ciudad REal.
- ESF Catalunya. Blog corporativo dos compañeiros de ESF Catalunya.
- ISF Andalucía en Perú.
- ISF Andalucía en Kenia
- ISF Asturias, sección xuvenil.
- Twitter de ISF Asturias.
- Twitter de ISF ApD


OUTROS ENLACES DE INTERESE

Vicente Ferrer y la lección de solidaridad. Moi boa reflexión sobre o personalismo en cooperación. FILOSOFÍA.
España, una posible potencia mundial en biogás. ENERXÍAS
O Biólogo francés Gilles-Éric Séralini fala sobre os transxénicos. AGRO
Robo de software ultrasecreto de altas finanzas. Outros tipos de mal uso da tecnoloxía? TpDH.
Declaraciones de Obiang a los medios de comunicación españoles. Para non perdérseas... O QUE PASA NO MUNDO
El lenguaje del G8. Mucho entusiasmo y poca concreción.LO QUE PASA EN EL MUNDO
Test del agua. A ver cantas acertades? SENSIBILIZACIÓN AUGA.


O Medio Ambiente non pode ser mellorado en condicións de pobreza, nin pode a pobreza ser erradicada sen Ciencia e Tecnoloxía.
Indira Ghandi, 1971.