22 jun 2015

Sobre voluntariado... (motivacións, habilidades e outras xeneralidades)


Non se pode dicir que exista unha motivación única que faga que unha persoa decida facerse voluntaria, de feito cada unha ten as súas propias aínda que se pode considerar que a maioría das persoas que fan voluntariado teñen unha maior sensibilidade cara as inxustizas do seu redor e sobre todo un plus de proactividade que lle fai pasar a acción. Aínda así, as organizacións que xestionan voluntariado deben ter en conta cales son as perspectivas polas cales esa persoa se achega, para non defraudar e sobre todo, debido a que ao piar no cal se fundamenta a acción voluntaria é a motivación persoal, mantela ou mesmo achegar novas motivacións para que esta colaboración perdure. Non hai que esquecer que ao igual que a voluntaria ou voluntario vai evolucionando a nivel persoal, as súas motivacións tamén van evolucionando. Polo tanto, manter viva esa motivación será fundamental para ter persoas voluntarias implicadas e comprometidas, porque hai que recordar que o voluntariado ademais de dereitos ten obrigas. E que o compromiso vai máis alá do compromiso formal ou por escrito que se firma entre ela e a organización. Isto só se se consegue se existe unha correcta integración no día a día da organización, para o cal ten que haber sintonía ca mesma, é dicir, a persoa coñece cal é o obxectivo da súa labor, como está contribuíndo a misión da organización e sentir que comparte os seus valores e polo tanto o seu xeito de traballar. Aquí xoga un papel fundamental a formación, xa que esta non só debe estar orientada as tarefas, que tamén, se non que hai que ter en conta que así mesmo son espazos de encontro, de transmisión de valores, de recoñecemento. Ademais, a organización debe establecer mecanismos de seguimento das persoas voluntarias, tanto de xeito formal como informal, para evitar ou detectar factores desmotivadores e ser capaces de reconducir a situación, evitar situacións de saturación, rutina ou aburrimento, fallos de integración, ausencia de recoñecemento, malas prácticas, etc

O voluntariado a parte de ser unha actitude en si mesma tamén conleva o desenvolvemento dunha serie de habilidades que si non imprescindibles, si son necesarias, e que polo tanto, debemos de adestrar ou desenvolver para levar de forma axeitada a acción voluntaria. Hai que ter en conta que é unha actividade social onde están implicadas outras persoas voluntarias, a propia organización e as persoas beneficiarias da nosa actividade, polo que debemos desenvolver certas habilidades sociais (asertividade, empatía), comunicativas (escoita activa, coidar a comunicación non verbal) ou relacionais (resolución de conflictos, negociación, traballo en equipo, liderazgo) para que esta relación sexa óptima, positiva e evitar conflitos innecesarios. O noso obxectivo como asociación é que a persoa voluntaria estea cómoda, motivada e polo tanto a relación perdure no tempo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Genial Patri! :)