12 dic 2014

IV XORNADAS DE SOBERANÍA ALIMENTARIA EN LUGO

Hai dúas semanas e por cuarto ano consecutivo, celebráronse en Lugo as IV Xornadas de Soberanía Alimentaria. O curso realizouse a fin de semana do 28, 29 e 30 de novembro, na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, como xa é tradición nos cursos da sede, e co apoio financeiro da política pública de Cooperación para o Desenvolvemento da Xunta de Galicia (Cooperación Galega).
Este ano, con poucos alumnos (pero valentes! jeje) contamos na tarde do venres coa presenza de Bernardo Valdés, profesor e experto en Economía Agraria e de Xoan Carlos Carreira, tamén profesor e un dos impulsores do Sindicato Labrego Galego.
Como non podía ser doutra maneira, tamén nos acompañaron un ano máis, unhas persoas con moito que contar, como son Pedro Revilla, da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, que nos falou do programa de mellora participativa de variedades tradicionais de millo (no que está traballando e no cal tamén participa ESF e o noso socio hondureño CODDEFFAGOLF), e Paco Raigón, un ESFeiro máis que sempre nos apoia e nos ensina tantas cousas.

Este ano, como novidade, introducimos o concepto de pesca artesanal, do cal aínda non falaramos nas anteriores edicións e cuxo papel na Soberanía Alimentaria nos parece de gran importancia. Dan man de Jesús Cumplido, coñecimos o traballo que realizan para sacar adiante o seu novo proxecto frescoydelmar.com. Ademáis, Isabel presentounos a estrea mundial da curtametraxe da campaña A VERDADEIRA HISTORIA DE RODOLFO! Todo un éxito na carteleira ESFeira!!
Por último, a xornada do domingo, adicámola a coñecer de primeira man historias reais de xente real que aposta pola Soberanía Alimentaria e por un xeito de consumo saudable e responsable. José Luis falounos do seu proxecto La Casa de la Aldea e maravillámonos coas historias de Xosé de Sabadelle, un home que fixo da súa casa a casa de todos os que quixeran ir a ela,  sempre apostando polos produtos locais e de tempada, mesturándoos con visitas á contorna e cun pouquiño de arte e cultura galega.

Xa rematando as Xornadas, Lucas e Rubén contáronnos como naceu a idea de ULTRA_ALIMENTO “O ultramarinos que leva ao extremo O_PODER_DO_ALIMENTO”, como a levaron a cabo con pouquísimos recursos (económicos, que mans amigas que lles botaran unha man non faltaron!) e como segue, un ano recén cumplido despois, enriquecendo a praza de abastos de Lalín cos seus productos e a súa enerxía positiva.

Con esa sensación de que tanto relatores e relatoras, alumnado e as persoas que formamos o grupo de Lugo pasamos uns agradables días de reflexión, aprendizaxe e concienciación sobre unha temática tan sensible como é a Soberanía Alimentaria, despedímonos ata a próxima!

Grazas a todos e todas as que participáchedes!!

2 comentarios:

Anxo dijo...

Ainda que sexades poucos merece a pena e os que estamos lonxe alegranos leer istas cousas. Felicidades e animo

Unknown dijo...

Gracias Anxo!!!